LXXII CONGRESO SOPEGA


LXXII CONGRESO SOPEGA

Benqueridos amigos da Pediatría galega,

Os membros dos Comité Organizador e Científico dámosvos a benvida ao 72 Congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia (SOPEGA), que se celebrará en Vigo do 21 ao 22 de outubro de 2022.

Presentamos o próximo congreso da nosa sociedade científica coa ilusión de atoparnos con todos vós dentro duns meses e de deseñar un programa que confiamos sexa de interese para todos/as; pediatras de Atención Primaria e Hospitalaria, cirurxiáns pediátricos e enfermeiras de Pediatría, ás que damos a benvida á nosa reunión, así como aos médicos e enfermeiras residentes.

Os congresos ofrecen oportunidades de reflexión, de crecemento, de cambio no mellor sentido da palabra. O cambio é un motor, debemos aprender da experiencia do pasado, mirar ao presente e proxectar e aplicar o aprendido para mellorar o futuro. O noso congreso é ademais unha xuntanza familiar da que volvemos sempre con gratos recordos.

Esperámosvos en Vigo cos brazos abertos, coa ilusión de compartir e aprender xuntos.

Ana Concheiro Guisán

Presidenta do Comité Organizador

Enlace página web Congreso LXXII SOPEGA